Concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' en Verín Imprimir
Xoves, 15 Marzo 2012 13:39

Coa finalidade promocionar o Día Internacional do Libro, as librerías de Verín conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, convocan un concurso de debuxos para o cartel do Día Libro (23 de Abril).


O mesmo, que se promocionará ese día en Verín, axustarase as seguintes bases:
1. CONCURSANTES.- Poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, de infantil, primaria e secundaria.


2. SELECCIÓN DOS TRABALLOS.-
Cada participante poderá enviar un traballo como máximo á selección. Cada traballo irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro de ensino, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase en: Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12.00 horas do 9 de abril, luns.

3. OBXECTIVOS E CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO.-
O obxectivo do concurso é promocionar o Día do Libro e con elo promoción da lectura, así mesmo a temática do debuxo é libre, onde unicamente pídese que debe aparecer un libro como protagonista que é no 23 de abril.

4. DATAS: O concurso comezará o 16 de marzo, rematando o mesmo o día 9 de abril.

5. XURADO E PREMIOS.- O xurado estará composto por un membro de cada librería, podendo delegar entre eles mesmos. O premio ao único gañador/a, da súa categoría correspondente, consistirá nun lote de 3 libros, adaptados a idade do gañador, cada libro aportado por cada unha das librerías de Verín que a continuación indicamos: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín.

A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade a través dos canais de comunicación do Concello de Verín.