Domingo de Piñata Imprimir
Luns, 27 Febreiro 2012 12:19

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido 2012. Durante o acto tivo lugar un almorzo nun restaurante da vila, o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:

- Cigarrón de Honra: José Javier Vázquez Prieto
- A mellor comparsa: As Canteiras
- A mellor carroza:  A duquesa quere rabo
- O “Pescadilla”:  Sábanas Blancas
- Fidelidade:  José Luis Arias Tejero