Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2012 Imprimir
Martes, 21 Febreiro 2012 12:29

Desde Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación das bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.


Os requisitos da mesma son: nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 o 1 de xaneiro de 2012 (ambos inclusive), que durante o 2010 ningún membro da unidade familiar estivera obrigado a presentar a declaración da renda nin que o fixeran de xeito voluntario.

A documentación básica a aportar é o certificado de empadroamento da unidade familiar, fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento, fotocopia de cartilla de aforros; e en caso de separación, nulidade ou divorcio, copia da sentencia. Con respecto a solicitantes anteriores, se a situación continúa a ser a mesma, só é necesario entregar o Anexo I (asinado), mentres que se existen variacións persoais, xurídicas ou económicas deberán entregar toda a documentación anterior. O prazo de solicitude remata o 23 de marzo de 2012.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), de 9.30 a 13 horas.