Contacontos do Samhain na Biblioteca Pública Municipal Imprimir
Luns, 24 Outubro 2011 11:39

Con motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, o vindeiro luns 31 de outubro, contacontos e manualidades.

Esta actividade, que terá lugar de 18 a 19.30 horas, está destinada a nenos/as de 3 a 10 anos, que poden acudir disfrazados/as. A mesma consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos, e manualidades relacionadas con esta efeméride.

Devandita iniciativa, enmarcada dentro do programa de actuacións destinadas ao fomento da lectura, está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, e para participar é necesario inscribirse nas instalacións municipais ou no teléfono 988-414776.