Bolsas de estudos do Programa europeo Leonardo da Vinci. Imprimir
Mércores, 19 Outubro 2011 10:54

A Xunta de Goberno da Deputación acordou aproba-las Bases reguladoras da terceira convocatoria do ano 2011 de concurso público para a concesión de bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense no marco do Programa europeo Leonardo da Vinci.

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de 25 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas, que teñen como finalidade apoia-los participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.

Podense ver as Bases no B.O.P. do día 18 de Outubro de 2011