'Maratón de Fútbol-Sala Feminino' Eurocidade Chaves-Verín |
|
Venres, 08 Xullo 2011 13:23 |
Durante todo o fin de semana, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá a celebración da primeira edición do ‘Maratón de Fútbol-Sala Feminino’, organizado pola Eurocidade Chaves-Verín.
Nesta edición participarán un total de oito equipos procedentes de Ourense, O Carballiño, Xinzo de Limia, Verín e Portugal, que optarán aos seguintes premios:
- 1º clasificado (300 € máis trofeo), - 2º clasificado (200 € máis trofeo), - 3º clasificado (100 € máis trofeo). - Trofeo á mellor porteira. - Trofeo á máxima xogadora.
Os equipos participantes son: - Grupo A: Envialia, Diogo Câo, Frigodedos e Parchís. - Grupo B: Verín F.S., As Pataqueiras F.S., Carballiño F.S., A.D. Mogrâo.
O primeiro partido disputarase a partir das 15 horas ata ás 2.30 horas, momento no que comezarán os cuartos de final. Os enfrontamentos de semifinais terán lugar ás 10 e 10.50 horas do domingo, o partido polo 3º e 4º posto será ás 11.40 e a final celebrarase ás 12.30 horas.
A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
|