Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia |
|
Xoves, 30 Xuño 2011 12:00 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia.
As subvencións centraranse nas seguintes medidas: - Fomento de actividades turísticas. - Servizos básicos para a economía e a poboación rural. - Conservación e mellora do patrimonio rural.
Os beneficiarios das mesmas establécense segundo as tres liñas de subvención: - Fomento de actividades turísticas: asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural. - Servizos básicos para a economía e a poboación rural: asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos. - Conservación e mellora do patrimonio rural: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.
O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 28 de xullo de 2011.
Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.
|