BANDO | LIMPEZA OBRIGATORIA DE BIOMASA NOS NÚCLEOS RURAIS Imprimir
Martes, 10 Maio 2022 09:02


De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o #CONCELLODEVERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas a menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal.