A Biblioteca de Verín retoma as súas xornadas de Novela Histórica Imprimir
Martes, 14 Setembro 2021 13:26

 Os vindeiros 1 e 2 de outubro,  a Biblioteca do Concello de Verín organiza as que serán as súas IV Xornadas de Novela Histórica. Baixo o título “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel. Así o confirmou está mañá a Concelleira de Cultura, Emilia Somoza, na propia Biblioteca.

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.

O evento contará cun estrito protocolo de seguridade anticovid-19, e as persoas interesadas en adquirir as entradas para o mesmo poderán facelo, de maneira gratuíta,  a través da web de ataquilla.com.

«Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín», salientou Emilia Somoza. Despois deste parón obrigado provocado  pola pandemia, o Concello retoma con  forza a  súa  axenda   «coa  finalidade de converter a  nosa vila  nun referente non  eido cultural e de lecer organizando eventos temáticos  punteiros  na  súa materia e  sempre de gran  calidade, como xa son o FIC Vía  XIV ou estas  xornadas; ou de seguro o será a novidosa Feira da Cervexa programada en outubro».

Programa oficial das Xornadas de Novela Histórica:


Venres 1 de outubro

 

Mañá:

11:00 h. Presentación.

11:05 h. Intervención musical de Lourdes Olbés

11:10 h. Rosario Raro, José Calvo Poyato y José Luis Corral: Seminario “Mujeres en la historia y como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino.

12:15 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.

12:20 Clausura mañá.


Tarde:

19:00 h. Inauguración

19:05 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.

19:10 h. Rosario Raro: “De La huella de una carta a Desaparecida en Siboney: mujeres protagonistas en mis novelas”.

19:55: Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:00 h. Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde la perspectiva femenina”.

20:45 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:50 h. Firma de libros.

 

Sábado 2 de outubro

18:30 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.

18:35 h. María Vila: “Mujeres piratas en el siglo XVI”.

19,15 h. María Solar: “Los niños de la viruela. La mayor expedición filantrópica de la historia de la humanidad”.

19:55 h. Intervención musical de Lourdes Olbés

.20:00 h. Luz Gabás: “Las mujeres en mis novelas: De “Palmeras en la nieve” a “El latido de la tierra”.

20:45 h. Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:50 h.: Clausura y firma de libros.

Toda a información estará dispoñible na web http://www.novhis.bibliotecadeverin.es/