O Auditorio de Verín acolle a proxección da curta documental “Os cesteiros de Mondariz” Imprimir
Martes, 17 Agosto 2021 10:41

 Despois da súa exitosa estrea en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz, o documental sobre a tradición cesteira da localidade será presentado en varios concellos galegos atravesados por rutas xacobeas. A primeira proxección itinerante fóra de Mondariz será no Concello de Verín o día 20 de agosto, ás 20:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.


A xira de presentación servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns desde a memoria pero cunha decidida visión de futuro.

Proxeccións da xira:

  • 20 AGO: Concello de Verín
  • 27 AGO: Concello de Allariz
  • 3 SET: Concello de Arzúa
  • 10 SET: Concello de Rianxo
  • 17 SET: Concello de Redondela
  • 1 OUT: Concello do Porriño