Proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego Imprimir
Venres, 16 Xaneiro 2009 19:18

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa co fin de anunciar os proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, xa amosados con anterioridade aos portavoces dos restantes grupos políticos de Verín. Devanditos proxectos son:

- Rehabilitación do Pavillón da Granxa, que permitirá concluír as obras de renovación do colector do edificio, iniciadas no mes de agosto, grazas aos 150.000 achegados pola Deputación Provincial de Ourense e os 25.000 da Dirección Xeral de Deportes. Nesta fase construiranse unha instalación independente, que será o hall de entrada ao pavillón, seis vestiarios -catro para os equipos e dous para árbitros-, almacén e oficina de control.

- Construción dun campo de fútbol sintético e vestiarios na zona da Granxa. A execución desta obra, cuxo custo ascende aos 700.000 euros, contempla a realización dunha catro vestiarios para os equipos, tres para os árbitros e un para as persoas con mobilidade reducida; así como, un almacén, cuarto de instalacións, bancadas na zona norte e campo de fútbol sintético de última xeración. “Constitúe unha obra significativa, demandada pola poboación de Verín, e para a que solicitamos colaboración económica a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que a día de hoxe non nos contestaron. A outros concellos da provincia concedéronselles instalacións de maior orzamento e menos uso que as pedidas desde Verín”, recorda o alcalde.

-Urbanización e servizos no barrio San Lázaro, que inclúe: rehabilitación de beirarrúas na zona e o callejón de San Lázaro, que serán realizadas en pedra, e substitución de luminarias. “Unha actuación solicitada en numerosas ocasións a Conselleria de Innovación e Industria sen obter resposta algunha”, recoñece Jiménez Morán.

- Renovación do servizo de abastecemento, saneamento, beirarrúas e mobiliario urbano nas rúas Cancelón, San Antón, José Mª Pereda, J. Tresguerras Melo e San Rosendo e entorno da Lonxa Agropecuaria.
 
- Construción de beirarrúas nas rúas San Pedro e Irmáns Fernández Álvarez.

 - Remodelación da zona oeste do parque infantil da Alameda, que inclúe colocación de chan de caucho e xogos novos, “unha renovación similar á realizada na zona sur do mesmo parque e que foi moi ben acollida polos pais e nais da localidade”, afirma o rexedor.
 
- Mellora do pavimento con aglomerado quente nas rúas Constitución e Canella Cega. 

- Instalación de farois de aforro enerxético e cambios nas luminarias en Feces de Abaixo, co fin de continuar a campaña ambiental iniciada en Verín e que continuará polas diferentes localidades do municipio.

 - Construción dunha ponte sobre o río Pequeno en Feces de Cima.

- Acondicionamento e rehabilitación da praza pública de Mandín -empedrado, colocación pérgola e acondicionamento fonte e regato-.
 
- Renovación do servizo de abastecemento en Pazos (2ª fase).

 - Mellora do entorno do centro social en Vilela.

Con todo, Juan Manuel Jiménez Morán recorda que outras obras pendentes, e non incluídas neste Fondo de Inversión Local, complementaranse co orzamento municipal e outras xestións externas con outras administracións, como por exemplo, a Deputación Provincial de Ourense que aportará, tras a aprobación dos seus orzamentos, 48.000 € para o Centro Social de Vilela e un total de 100.000 para o de Pazos, xa que “un dos obxectivos do Concello de Verín é a construción de centros sociales e espazos públicos para os veciños dos pobos do municipio, como o caso de Pazos que leva moitos anos reclamando esta instalación, xa que é unha localidade con moitos veciños que tiña que utilizar a casa reitoral, cedida gratuítamente polo párroco, para realizar reunións ou actuacións similares ”, recorda Jiménez Morán.