Pleno ordinario Imprimir
Martes, 11 Novembro 2008 09:08

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 13.10.2008 (Acta nº 12/2008).

2. - Convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

3. - Dar conta da liquidación do orzamento do exercicio de 2007.

4. - Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o día 09.10.2008 até o 04.11.2008, ambas as dúas datas incluidas.

5. - Informacións e outros asuntos da Presidencia.

6. - Rogos e preguntas.

Na pleno aprobáronse por unanimidade os dous primeiros puntos, borrador da acta anterior e adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, asumindo os dereitos e obrigas que do mesmo se derivan, de conformidade co estipulado no presente convenio de adhesión e o establecido nos estatutos da axencia, aprobados por Decreto autonómico 213/2007, do 31 de outubro, e na Lei 9/2002, do 30 decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

 

Tamén, deuse conta da liquidación do orzamento xeral de 2007, que presenta os seguintes resumos:

I.- ESTADO DE GASTOS: RESUMO XERAL


1.- Créditos iniciais

6.277.519,66 €

2.- Modificacións de crédito

2.986.065,39 €

3.- Créditos definitivos

9.263.585,05 €

4.- Gastos comprometidos

8.592.959,53 €

5.- Obrigas recoñecidas netas

8.522.185,39 €

6.- Remanentes de crédito

741.399,66 €

7.- Pagamentos realizados

6.931.131,16 €

8.- Obrigas pendentes de pagamento a 31 de decembro

1.591.054,23 €

II.- ESTADO DE INGRESOS: RESUMO XERAL

 

1.- Previsións iniciais

6.371.968,15 €

2.- Modificacións das previsións

2.908.425,75 €

3.- Previsións definitivas

9.280.393,90 €

4.- Dereitos recoñecidos totais

8.122.523,70 €

5.- Dereitos anulados ou cancelados

27.541,91 €

6.- Dereitos recoñecidos netos

8.094.981,79 €

7.- Recadacion neta

6.764.286,84 €

8.- Dereitos pendentes de cobramento a 31 de decembro

1.330.694,95 €

III.- RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 2007:

 

1.1. Dereitos recoñecidos por operacións correntes

7.492.452,89 €

1.2 Obrigas recoñecidas por operacións correntes

7.017.894,61 €

1. Resultado orzamentario total por operacións correntes (1.1 - 1.2)

474.558,28 €

2.1. Dereitos recoñecidos por outras operacións non financeiras

582.916,90 €

2.2. Obrigas recoñecidas por outras operacións non financeiras

1.092.971,83 €

2. Resultado orzamentario total por outras operacións non financeiras (2.1 - 2.2)

-510.054,93 €

3.1. Dereitos recoñecidos por operacións financeiras

19.612,00 €

3.2. Obrigas recoñecidas por operacións financeiras

391.706,95 €

3. Resultado orzamentario total por operacións financeiras (3.1 - 3.2)

-391.706,95 €

4.1. Dereitos recoñecidos netos totais

8.094.981,79 €

4.2. Obrigas recoñecidas netas totais

8.522.185,39 €

4. Resultado orzamentario total sin axustes (4.1 - 4.2 = 1 + 2 + 3)

-427.203,60 €

5.1. Axuste por gastos financiados con remanente líquido de Tesouraría

0,00 €

5.2. Axuste por desviacións positivas de financiamento

204.964,94 €

5.3. Axuste por desviacións negativas de financiamento

762.416,96 €

5. Total axustes ao resultado orzamentario (- 5.1 - 5.2 + 5.3)

557.452,02 €

5. RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO (4 + 5)

130.248,42 €

IV.- REMANENTE DE TESOURARIA:

 

1.- (+) DEBEDORES PENDENTES DE COBRAMENTO NA FIN DO EXERCICIO (1.1 + 1.2 + 1.3 - 1.4)

2.579.582,60 €

1.1. Dereitos pendentes de cobramento. Exercicio corrente

1.330.694,95 €

1.2. Dereitos pendentes de cobramento. Orzamentos pechados

1.179.933,43 €

1.3. Dereitos pendentes de cobramento. Operacións non
orzamentarias

73.557,93 €

1.4. Ingresos pendentes de aplicación

-4.603,71 €



2.- (-) ACREDORES PENDENTES DE PAGAMENTO NA FIN DO EXERCICIO (2.1 + 2.2 + 2.3 - 2.4)

2.344.543,40 €

2.1. Obrigas pendentes de pagamento. Exercicio corrente

1.591.054,23 €

2.2. Obrigas pendentes de pagamento. Orzamentos pechados

61.744,80 €

2.3. Obrigas pendentes de pagamento. Operacións non
orzamentarias

692.249,37 €

2.4. Pagamentos pendentes de aplicación

-505,00 €


3.- (+) FONDOS LÍQUIDOS NA TESOURARÍA NA FIN DO EXERCICIO

1.210.671,99 €


4.- TOTAL REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURARÍA (1-2+3)

1.445.711,19 €


5.- DEREITOS DE DIFICIL OU IMPOSIBLE RECADACIÓN (SALDOS DE DUDOSO COBRAMENTO)

989.979,96 €


6.- EXCESO DE FINANCIAMENTO AFECTADO

441.473,87 €


TOTAL REMANENTE DE TESOURARÍA DISPONIBLE PARA O FINANCIAMENTO DO GASTOS XERAIS (4-5-6)

14.257,36 €


Ademais, nesta sesión plenaria presentáronse as seguintes mocións:

 


- Solicitude á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da reparación das beirarrúas existentes na estrada autonómica OU-113 Verín-Laza (p.q. 0,430 ao 1.500) e que se subvencione o arranxo da Estrada Verín - Vilela - Tintores - Caldeliñas, cuxo proxecto está a redactar a Deputación Provincial de Ourense e que ascende aproximadamente a 3 millóns de euros. Esta moción presentada polo PP foi aprobada cos votos a favor do PP na súa ratificación de urxencia -abstención dos restantes grupos políticos-, e na votación posterior aprobouse co apoio do PP, ADEI-O e VER.IN -abstención de PSdeG-PSOE e BNG-.

- Requerir á Administración de Madrid que estudie a posibilidade de dotar de pasos de cebra elevados ás travesías de Queizás, Tamagos, Mourazos, Tamaguelos e Feces de Abaixo (ao longo da estrada N-532). Esta moción presentada polo BNG trasladarase e votarase no pleno seguinte, co fin de analizar, previamente, a súa viabilidade segundo a normativa existente.

- Adopción dun acordo para instar ao Goberno do Estado a seguir mantendo un compromiso orzamentario de 254 millóns de euros para o ano 2009 que permita a licitación e execución dos tramos do AVE Lubián-Ourense, defensa da chegada do AVE á provincia por parte do presidente da Deputación Provincial e loitar entre todas as forzas políticas e sociais deste concello para que a chegada do AVE no 2012 sexa unha realidade. Devandita moción presentada polo PSdeG-PSOE foi aprobada na súa ratificación de urxencia cos votos a favor do PSdeG-PSOE, BNG, ADEI-O e VER.IN -abstención do PP-; e na posterior votación foi rexeitada cos votos en contra do PP, que argumentou os seguintes motivos: “manipulación por parte do Partido Socialista nesta cuestión, xa que o demandado polo Grupo Popular foi un incremento presupuestario nas partidas do AVE e unha axeitada redistribución das mesmas para a súa viabilidade”, reseñou o rexidor, Juan Manuel Jiménez Morán. Además engadiu que “unha vez máis o PSOE mostra a súa inoperancia, xa que incumpliu os prazos do Plan Galicia, deixou sen gastar na comunidade máis de 2.000 millóns de euros na pasada lexislatura, non licitou as obras do AVE Ourense-Lubián e non rematará a conexión con Madrid no ano 2012”.

No apartado de rogos e preguntas interviñeron todos os portavoces dos grupos políticos.