Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
IV Xornadas de Deporte e Saúde PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Maio 2010 11:03

O Concello de Verín e Cruz Roja Verín organizan, por cuarto ano consecutivo, as Xornadas de Deporte e Saúde co fin de desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa terá lugar entre os días 18 de maio e 5 de xuño, ampliándose de dúas xornadas a dezaoito nesta edición, e nas mesmas organizaranse as seguintes actividades:

Ler máis...
 
Dramatización ‘A distancia do Lobo. Biografía de Uxío Novoneyra’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Maio 2010 11:03

A Casa da Cultura de Verín acollerá o luns 10 de maio, a partir de 20 horas, unha charla do escritor e xornalista Antón Lopo sobre o libro ‘A distancia do Lobo. Biografía de Uxío Novoneyra’, poeta a quen lle esta adicado este ano o Día das Letras Galegas.

Ler máis...
 
O autobús Eco-aula do proxecto Ecoemprende visita Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Maio 2010 11:02

O vindeiro 11 de maio, en horario vespertino, o autobús Eco-aula móbil achégase ata Verín co fin de informar aos/ás veciños/as das accións que se van a desenvolver dentro do Programa Emplea Verde, cofinanciado pola Fundación Biodiversidade, Fondo Social Europeo e Concello de Ourense, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ler máis...
 
Curso de Salvamento Acuático PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Maio 2010 11:01

O departamento de Servizos Sociais-Voluntariado do Concello de Verín promove un Curso de Salvamento Acuático, en colaboración con Cruz Vermella e a Consellería de Traballo de Benestar.

Ler máis...
 
Proxecto de centralización, xestión e redución do gasto enerxético na iluminación pública de Queirugás e na zona Amaro Refoxo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Maio 2010 10:58

O Concello de Verín efectuará dúas novas actuacións no alumeado público en Queirugás e na zona de Amaro Refoxo, ambas acollidas á subvención do Inega 2009, e enmarcadas no proxecto de centralización, xestión e redución do gasto enerxético.

Ler máis...
 
Nova páxina web e Oficina Virtual do Cidadán do Servizo Municipal de Auga PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Maio 2010 12:04

A empresa Espina & Delfín, SL., concesionaria do servizo municipal de auga de Verín, presenta unha nova páxina web na que se inclúe unha Oficina Virtual do Cidadán, destinada a facilitar información básica sobre este servizo e impulsar as xestións administrativas do mesmo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 731 732 733 734 735 736 737 738 739 740 Seguinte > Final >>

Páxina 740 de 807

?>