Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil
Novas da Oficina de Información Xuvanil
Curso de Orientación Laboral en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Decembro 2011 13:10

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), promove a realización dun curso de Orientación Laboral no municipio, dirixido aos/ás mozos/as da comarca.

Ler máis...
 
A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Agosto 2011 11:13

Os/As nenos/as da Ludoteca Municipal participarán o día 23 de agosto, de 12.30 a 13.30 horas, na campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, organizada pola Xunta de Galicia, e á que o Concello de Verín adheriuse co obxecto de fomentar os hábitos saudables.

Ler máis...
 
Viaxe a Pazolandia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Decembro 2010 13:02

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín programa, para o xoves 30 de decembro, unha viaxe a Pazolandia, o parque de atraccións infantil máis grande de Galicia, destinada a nenos/as do municipio con idades comprendidas entre os 7 e 12 anos.

Ler máis...
 
Un día cos nenos/as na rúa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Agosto 2008 10:01
O sábado 23 de agosto, día de feira na localidade, a Oficina Muncipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organizará unha serie de actividades lúdico-culturais para os nenos/as do municipio.
Ler máis...
 
Tramitación do Carné ITIC PDF Imprimir Correo-e

 Se es profesor e che gusta viaxar, o carné ITIC convídate a coñecer un mundo de beneficios!

É un documento válido internacionalmente e certifica que o posuidor é un profesor. Con el pódese acceder a descontos en tarifas aéreas, museos, teatros, actividades culturais e máis.

O Carné Teacher está creado especialmente para profesores. Permite obter descontos en determinadas compañías aéreas, ademais dos descontos en actividades de carácter cultural, museos, monumentos e exposicións de todo o mundo.

REQUISITOS:

Sen limite de idade.
Acreditar que se é profesor cun mínimo de 18 horas á semana.
Unha fotografía tamaño pasaporte.
Ten un prezo de 8 €
 

VALIDEZ:

A validez do carné é desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (15 meses), ou no seu defecto desde a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 7
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>