Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre un proceso de contratación de persoal laboral temporal
O Concello de Verín abre un proceso de contratación de persoal laboral temporal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 11:57

O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun proceso de contratación laboral temporal co obxectivo de cubrir diferentes prazas vinculadas ao servizo de vías e obras municipais.


As prazas ofertadas son as seguintes:


- Peón de vías e obras

- Condutor/a de maquinaria de obras públicas

- Oficial primeira de vías e obras


O prazo de presentación de instancias será de 7 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio. O último día para presentar solicitudes será o 14 de novembro de 2025.


O procedemento selectivo rexerase polo establecido nas bases xerais de contratación do persoal laboral temporal do Concello, así como polas respectivas bases específicas de cada categoría profesional.

Toda a documentación requirida para participar nestes procesos, así como os anexos e bases correspondentes, atópanse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Verín (apartado Tablón de Anuncios – Emprego Público) e tamén no taboleiro de anuncios físico do consistorio.

Con esta convocatoria, o Concello de Verín continúa apostando pola creación de emprego local e pola mellora dos servizos municipais de mantemento e obras públicas, reforzando así a capacidade operativa das brigadas municipais.

???? Máis información: Sede electrónica do Concello de Verín

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>