Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a V edición da Festa da Cervexa
Verín acolle a V edición da Festa da Cervexa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Outubro 2025 11:42

Os vindeiros días 10 e 11 de outubro, o Concello celebrará a V edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que ofertarán unha variada selección gastronómica e música en directo.


O evento terá lugar na zona verde da Preguiza e contará, como xa é habitual, cunha carpa na que estarán colocados os postos de bebidas e alimentación. O horario da feira será: tanto o venres coma o sábado, de 18:00 a 02:00 horas.

Segundo explicou o concelleiro responsable da área de feiras, Manuel Lorenzo, a Festa da Cervexa consolidouse como unha das citas de referencia no calendario de outono en Verín, despois de reunir na pasada edición a máis de 5.000 asistentes. «Este ano queremos manter ese nivel de participación ofrecendo unha ampla representación de cervexas; tanto nacionais como internacionais, con propostas para todos os gustos», sinalou.

En relación coa gastronomía, Lorenzo destacou que «cun total de 12 postos (10 no interior e 2 no exterior), a oferta será de novo variada e pensada para acompañar a cervexa: desde propostas clásicas como chourizos ou salchichas ata elaboracións máis coidadas como hamburguesas, polbo, codillo empanadas ou gofres e crepes caseiros».

A cita cervexeira contará tamén con animación musical en directo no interior da carpa, cun programa preparado pola área de Turismo, Cultura e Festexos do Concello, dirixida por Samanta Barreira. O venres 10 de outubro, ás 24:00 h, terá lugar a actuación de Los Tresillos, un trío compostelán de versións Power Pop-Rock. O sábado 11 de outubro, ás 24:00, será a quenda da agrupación En Mala Hora Rock & Roll Band, unha agrupación musical ourensá que versiona tanto temas coñecidos como pequenas xoias esquecidas entre os discos das grandes estrelas do Rock and Roll e do Blues, ademais doutros xéneros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>