Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Kotodama Teatro arrinca o curso cunha oferta ampliada e un novo obradoiro de Interpretación para Cine e TV
Kotodama Teatro arrinca o curso cunha oferta ampliada e un novo obradoiro de Interpretación para Cine e TV PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Outubro 2025 10:04

A escola Kotodama Teatro, con sede en Verín, abre un novo curso académico ampliando a súa programación formativa e reafirmándose como un proxecto de referencia no ensino teatral en Galicia.

Tras sete anos de traxectoria, Kotodama consolidouse como un espazo educativo e creativo singular, recoñecido pola súa metodoloxía próxima, profesional e adaptada a diferentes idades e niveis.

Neste curso, a escola aposta pola conciliación familiar cunha maior flexibilidade horaria e amplía a súa oferta de grupos infantís. As crianzas poderán elixir entre sesións dunha hora ou dúas horas semanais, mantendo sempre o carácter lúdico, formativo e creativo que caracteriza a Kotodama.

Como gran novidade, incorpórase o obradoiro de Interpretación para Cine e TV, que se desenvolverá os martes de 17:00 a 19:00 horas. Trátase dunha proposta pioneira na comarca, dirixida a quen queira iniciarse ou perfeccionar técnicas específicas de interpretación diante da cámara. O programa inclúe contidos prácticos como gravación de escenas, preparación de castings e creación de material audiovisual para o alumnado.

A escola está dirixida por Santi Cañaveral, actor, docente e creador multidisciplinar que, desde 2019, combina a docencia coa participación en proxectos audiovisuais e de artes escénicas.

Desde a súa fundación, o Concello de Verín apoia activamente esta iniciativa cultural e educativa, facilitando que Kotodama continúe a medrar como espazo de referencia para as artes escénicas e audiovisuais no sur de Galicia.

Con esta nova etapa, Kotodama Teatro reforza o seu compromiso coa formación de actores e actrices preparados para afrontar calquera formato artístico, mantendo viva a paixón polo teatro e a interpretación na comarca de Monterrei e en toda Galicia.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 600234318 ou no Instagram oficial da escola: @kotodamateatro

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>