Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle o contacontos «A maleta da mestra» con Raquel Queizás
A Biblioteca de Verín acolle o contacontos «A maleta da mestra» con Raquel Queizás PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Setembro 2025 14:23

O Concello de Verín, a través da Biblioteca Pública Municipal, continúa co seu programa de fomento da lectura e presenta unha nova actividade dirixida ao público infantil. O vindeiro venres, 3 de outubro, ás 18:00 horas, a biblioteca acollerá a proposta de narración oral «A maleta da mestra», a cargo da actriz, monicrequeira, filóloga e recoñecida contadora de historias Raquel Queizás.


A actividade enmárcase no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e está destinada a nenos e nenas de 3 a 9 anos, que poderán acudir acompañados polos seus avós e avoas.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a partir das 10:00 horas do luns 29 de setembro.

Sinopse

A protagonista da historia é unha mestra substituta, coñecida como Pisapouquiño, divertida e agarimosa, que esperta a curiosidade dos máis pequenos. A súa maleta agocha un misterioso tesouro de letras: adiviñas, cantigas, contos e lendas que, ao irse descubrindo, transforman a biblioteca nunha auténtica “Horta das nosas letras”.

Con esta proposta, a Biblioteca de Verín reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural e a promoción da lectura desde idades temperás, reforzando o vínculo interxeracional a través da participación de nenos, nenas, avós e avoas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>