Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para o curso de Internet e telefonía móbil dirixido a persoas maiores
Aberto o prazo de inscrición para o curso de Internet e telefonía móbil dirixido a persoas maiores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Setembro 2025 19:02

O Concello de Verín, a través do proxecto “Sabedoría Activa”, pertencente ao programa Voluntariado Sénior da área de Benestar Social, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o curso de Internet e telefonía móbil para persoas maiores.


O obxectivo desta iniciativa é acompañar ás persoas maiores no proceso de adaptación ás novas tecnoloxías, axudándoas a superar as limitacións derivadas da desaparición de servizos presenciais de proximidade. Deste xeito, contribúese a pechar a brecha dixital xeracional e a mellorar a súa autonomía persoal, facilitando o acceso á información, novas formas de socialización e a realización de xestións administrativas, financieiras ou de saúde.

Contidos do curso

Uso básico dos botóns do smartphone (acendido, apagado, volume, menú, etc.).

Accións habituais: facer e recibir chamadas, xestionar chamadas perdidas, gardar contactos, enviar mensaxes, sacar fotos e gravar vídeos.

Acceso a Internet desde o móbil: configuración da conta de usuario, descarga e instalación de aplicacións (navegadores, xogos, redes sociais, etc.), incluíndo ferramentas especialmente deseñadas para persoas maiores.

O curso terá un enfoque práctico e personalizado, baseado na metodoloxía “trae o teu propio dispositivo”, para que cada participante aprenda co seu propio teléfono intelixente ou tableta, adaptando a formación ás súas necesidades reais.

Datas e inscrición

As sesións desenvolveranse en horario de tarde, os mércores, xoves e venres, de 16:30 a 18:00 horas.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (1ª planta da Casa da Xuventude) ou chamando ao teléfono 988 414 776.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 15 de setembro, sendo a primeira sesión o mércores 17 de setembro.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>