Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Suspensión de actividades culturais e deportivas en Verín pola vaga de lumes
Suspensión de actividades culturais e deportivas en Verín pola vaga de lumes PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Agosto 2025 11:02

Informamos que, por motivos de seguridade e en sinal de respecto, quedan suspendidas temporalmente todas as actividades culturais e determinadas actividades deportivas en Verín.



En concreto, procedemos á suspensión das seguintes actividades:

Ámbito cultural:

  • Xornadas de Folclore, previstas para o día 14 de agosto de 2025.
  • Presentación do libro ”El colorido mar”, programada para o 14 de agosto de 2025
  • Concerto de Emilio Rúa, programado para o día 15 de agosto de 2025.

Ámbito deportivo:

  • Todas as actividades no Pavillón Municipal de Deportes, ao ser habilitado como punto de recepción de persoas desaloxadas polos incendios.
  • Todas as actividades no Complexo Deportivo da Granxa, ao estar a funcionar como base operativa temporal da UME.

Amosamos o noso total apoio ás persoas afectadas por esta vaga de lumes e expresamos un profundo agradecementoaos equipos de emerxencia —bombeiros, brigadas, UME, forzas de seguridade e persoal técnico— así como aos veciños e veciñas que están a colaborar directa ou indirectamente na extinción dos lumes, demostrando unha vez máis o valor da solidariedade e do compromiso colectivo.

Facemos un chamamento á cidadanía para que extremen as precaucións, sigan as indicacións do 112 e das autoridades competentes, e permanezan atentos ás comunicacións oficiais.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>