Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
“Pensamentos Fuxidos”: a esencia de Rivada regresa a Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Maio 2025 12:26

O luns 12 de maio ás 19:30 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións de Verín a mostra “Pensamentos Fuxidos”, unha viaxe á obra máis íntima e representativa de Xosé Lois Gómez Rivada, un artista que fixo da loita coa materia un diálogo artístico de fondo alcance simbólico.

A mostra poderá visitarse durante todo o mes (ata o 31 de maio) en horario de mañá e tarde, ofrecendo unha oportunidade única para achegarse a unha obra que, como xa apuntou o crítico Francisco Pablos Holgado, da Real Academia de Belas Artes da Coruña, contén «mundos vitais, complexos na súa aparente elementalidade, que fai seus con sensibilidade acusada».

Rivada pasou a súa infancia no barrio da rúa Traviesa de Verín (na década de 1957);  entre ferramentas do obradoiro paterno e silencios dunha época convulsa foi quen de traducir a súa biografía en linguaxe plástica. A súa creación sitúase nun punto intermedio entre escultura e pintura, nun xénero que el mesmo desenvolveu con personalidade: a escultopintura. Traballa sobre superficies verticalizadas onde se mesturan rugosidades, máscaras e metáforas visuais cunha elaboración minuciosa, que nunca perde a forza expresiva nin o alento emocional.

A obra deste artista transcende o formal: é síntese, é evocación. Como sinala Begoña Malone, directora da Galería Malone en Madrid, «a obra de Rivada é unha loita e un diálogo constante coa materia», unha maneira de expresar aquilo que o obsesiona, na que están presentes influencias do informalismo, do grupo El Paso ou da arte óptica, sen deixar de lado a pegada profunda do seu propio pai, artesán do ferro.

A súa técnica en ferro cicelado, nacida no taller familiar, convértese en elemento caracterizador dunha obra na que tamén aparecen resinas, ceras e óxidos, combinados con audacia e lirismo, para crear figuras que desafían o tempo e a clasificación. A crítica coincide en subliñar que estamos ante un creador que fixo da escultura contemporánea un territorio propio, intransferible e emocional.

A concelleira de Cultura de Verín, Samanta Barreira, destacou a importancia desta exposición para o municipio: «Rivada non é só un artista recoñecido internacionalmente, é, sobre todo, un fillo desta terra, que soubo transformar a memoria e a experiencia vital nunha linguaxe artística única. Mostrar o talento da nosa xente é tamén unha maneira de construír futuro desde as nosas raíces».

Con “Pensamentos Fuxidos”, Verín recibe de novo a un artista que nunca deixou de dialogar co mundo dende a materia. Un regreso, si, pero tamén unha celebración do percorrido vital e creativo dun autor que fixo da arte un xeito de estar no mundo.


Horario da exposición:

  • Maña: 9:30 a 14:30 h
  • Tarde: 16:30 a 19:00 h


*Luns a venres.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>