Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal do Concello de Verín
Abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Decembro 2022 12:20

 O luns 12 de decembro ábrese o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, iniciativa organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

O servizo do “Ludonadal” realizarase no Pavillón de Deportes dende o día 23 de decembro ata o 5 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e de tarde en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude en horario de mañá ou tarde, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

No marco do “Ludonadal” terán lugar actividades variadas como xornadas con divertidos inchables (do 23 ao 31 de decembro) temáticos; obradoiros para decoración de nadal (renos, pino, bonecos de neve, bolas de nadal, anxos, figuras dos reis...); xogo de búsqueda do agasallo (mediante pautas de frío ou quente esconderanse agasallos ou doces que terán que buscar); xogos que ensinan que o esforzo ten recompensa; contos de Nadal; educando pola igualdade; día dos Santiños Inocentes; festa prenoitevella e gran cotillón infantil co Ratiño Pérez (31 de decembro, dende as 10 horas, con disco móbil A Gramola, animación, inchables, baile e photocall; ás 12 horas, badaladas para despedir o 2022); xincana San Silvestre; escribir e decorar as cartas que se van enviar aos Reis Magos ou a chegada da paxe real para recoller as cartas para entregar ás súas maxestades.

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>