Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa das axudas para permisos de conducir, clase B, C e D
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa das axudas para permisos de conducir, clase B, C e D PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Setembro 2022 12:28

 Desde a oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informan que a partir de mañá e ata o 28 de outubro as mozas e mozas poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B (turismo), tipo C (camión) ou tipo D (autobús). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que ten como principal finalidade promover a autonomía e a empregabilidade da mocidade.

A Xunta de Galicia engade como novidade nesta convocatoria as axudas para a consecución do permiso de bus. Así, para a obtención do carné de clase B, o importe da axuda será de 400 euros; de 650 euros para o de clase C, o de camión; e de 1300 para o de tipo D, autobús.

Requisitos

No momento de presentar a solicitude, os interesados deberán ter máis de 18 anos (sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D), estar empadroados na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén, e como novidade para abarcar o máximo de tempo posible deben ter obtido o permiso entre o 1 de decembro de 2021 e a data da presentación. Deste xeito, a orde de axudas do ano que vén incluirá o período restante de 2022 e collerá o novo do ano en curso.

As solicitudes teñen que se presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Prazo e forma de presentación

As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Documentación que debe presentarse coa solicitude


- Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.


- Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.


- Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).


- Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>