Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación do libro "Imaxes Roubadas" de Nones Araújo.
Presentación do libro "Imaxes Roubadas" de Nones Araújo. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Agosto 2022 19:57

Maña xoves 18 de Agosto ás 20h, no salón de actos do Concello de Verín estará connosco Nones Araújo coa súa obra «Imaxes Roubadas», ed. Xerais 2022, libro premiado na XXIII edición do Premio Ánxel Fole de narración curta. Presentación da autora e a súa obra a cargo de Rubén Riós.


Sinopse: Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes… As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario. Nones Araújo é sabedora de que o camiño andado non sempre é a única opción. A escritora confía na capacidade da literatura para abrir portas cando a liberdade é roubada e se impón a desigualdade. Por iso nos proporciona estes relatos de ficción en tempos tramposos, con finais non sempre festivos e, ás veces, sorprendentes.

Nones Araújo: Nones Araújo (Riós, Ourense, 1953) naceu a carón de castiñeiros centenarios. Mestra xubilada, deu clase de Lingua nos anos 70 na segunda etapa de E.X.B. no colexio Dr. Fleming, e educación infantil no CEIP de Balaídos. Nos últimos anos exerceu tamén de profesora de Lingua en educación secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Comezou a escribir e a participar en certames literarios que a animaron a manter as neuronas con saúde. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo con Imaxes roubadas (Xerais, 2022) e o Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro. Recibir a gratitude do seu alumnado, ver felices aos seus e escoitar o río pola noite na aldea contentan, xunto coa escrita, o seu retiro dourado.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>