Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acollerá a cuarta edición do Festival Urbano Extruga na rúa
Verín acollerá a cuarta edición do Festival Urbano Extruga na rúa PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Agosto 2022 12:31

 A.C. Lumiños e o Concello de Verín, presentan a cuarta edición Extruga na rúa, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, e que este ano, como novidade, celebrarase na zona verde situada na contorna de A Preguiza. O festival, completamente gratuíto, terá lugar o 26, 27 e 28 de agosto. Así o confirmaron está mañá Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Antonio Álvarez, Iris Justo e Noemí Álvarez , organizadores do evento.

Diego Lourenzo quixo agradecer a asociación Lumiños «o esforzo e a dedicación que realizan en prol da cultura urbana, ofrecendo ao noso público máis mozo unha alternativa cultural de primeiro nivel». O tenente de alcalde tamén quixo destacar o cambio de nome realizado nesta edición «pasando de Extruga StreetExtuga na rúa, apostando claramente pola promoción e defensa da nosa lingua».

O Festival Extruga na rúa contará con dúas xornadas musicais que se celebrarán o 26 e 27 de agosto onde se combinarán artistas consolidados do panorama nacional con artistas emerxentes locais do mundo urbano. Devandito evento contará cunha zona de acampada gratuíta, mercadiño e foodtrucks.

Como novidade, os concertos celebraranse na zona verde situada en A Preguiza e contarán con artistas de primeiro nivel como a recoñecida rapeira a nivel estatal, Santa Salut; o grupo galego de rap Rebeliom do Inframundo e, por segundo ano consecutivo, Dakidarría. Ademais o evento contará con outros músicos da escena como Zeltia IrevireBrais NinguénO PirataLa Pepa, Insideoftheboli Dankhe, ofrecendo – segundo destacaron desde a organización- «unha fin de semana  repleto de alternativas musicais diferentes».

O festival tamén terá cunha xornada destinada ao eido deportivo. O domingo 28 de agosto, no Skate Park de Verín,  haberá una xuntanza de Bmx e scooter, probas que contarán coa dotación en premios por cada exhibición.

Ademais, o venres 26 e o sábado 27 de agosto, haberá na Preguiza varios obradoiros impartidos polo grupo compostelán “Vella Escola” como Street Football, pinta camisetas e iniciación ao break dance. Os asistentes tamén poderá participar nun taller de “Iniciación ao hip hop” impartido por Paula López e nunha “Performance musical” dirixida polo verinés Santiago Cañaveral. «O obxectivo destas xornadas é achegar a cultura urbana a diferentes colectivos de idades».

Outro ano máis celebrarase a tradicional “Batalla de gallos” con vista a pre-rexional Freedom Fighters de Asturias e a Liga Xunta de Galicia de Break. Será o venres 26 de agosto na zona verde de A Preguiza.

 

VENRES 26 DE AGOSTO

Zona verde de A preguiza


16:30 Obradoiro street futbol


17:00-21:00 Batalla de Gallos

 

18:00 Obradoiro Pintura camisetas

 

21:00 C-Insideoftheboli

 

21:25 C- Dankhe

 

21:50 La Pepa

 

22:30 Opirata

 

23:00 Final Batalla

 

23:45 Rebeliom

 

01:30 Santa salut

 

SÁBADO 27 DE AGOSTO

Zona verde de A preguiza

 

16:30 Obradoiro break dance

 

17:00 Obradoiro Street futbol

 

17:30 Obradoiro baile moderno

 

18:00-21:30 Xunta liga break

 

21:45 Kotodama teatro

 

22:30 Brais Ninwen

 

23:45 Zeltia Irevire

 

01:15 DAKIDARRIA

 

DOMINGO 28 DE AGOSTO

Skate Park (Lonxa Agropecuaria)

 

16:00-16:45 Exhibición Bmx

 

17:00-17:45 Exhibición Scooter

 

18:00-18:45 Final Bmx

 

19:00-19:45 Final Scooter

 

20:15-20:45 Best trick 21:00 Entrega de premios

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>