Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca Municipal pon o foco das súas actividades nas relacións interxeracionais e na protección e coidado dos animais
A Ludoteca Municipal pon o foco das súas actividades nas relacións interxeracionais e na protección e coidado dos animais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Agosto 2022 13:26

Os rapaces da ludoteca participarán en importantes xornadas temáticas este mes de agosto. As primeiras serán as “xornadas interxeracionais” nas que se pretende dar protagonismo ás persoas maiores ou con máis experiencias e coñecementos, e aportar aprendizaxes beneficiosas para a cativada. Por outra banda, tamén realizarán un encontro con Proanimales, a protectora de Animais de Verín.

O obxectivo das xornadas coa terceira idade é favorecer e visibilizar a importancia das relacións solidarias entre as distintas xeracións e promover actividades que favorezan a convivencia e o contacto entre os maiores e os máis novos. Pretenden ser unhas actividades lúdicas, participativas e ao aire libre.

As sesións veñen organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e Consumo, xunto coa área de maiores dos Servizos Sociais e tamén co Centro de Día municipal Solleira de Verín. Dende aí, dan conta da «importante contribución que realizan as persoas maiores á nosa sociedade e destacaron as fortalezas deste colectivo fronte á imaxe estereotipada que se ten dos maiores».

Devanditas actividades terán lugar na Praza da Alameda. Por idades, o día 4 estarán os maiores de 6 anos; o mércores día 10, estarán os de 4 e 5 anos e o día 12, será a quenda dos nenos e nenas de 3 anos. Serán grupos de 30 nenos e nenas. Realizarán actividades como a Petanca, xogos con globos de auga, percorrido con obstáculos, recoller botella con fío, ...

Noutro eido, o encontro coa Asociación Protectora de animais de Verín farase o martes día 9 de agosto. Nel, os menores da ludoteca traballarán a concienciación do sector infantil sobre temas como os malos tratos ou o abandono animal. Trátase dun taller co fin de achegar o coñecemento sobre o que implica ter unha mascota como cans, gatos ou outro tipo de animais. Os cativos poderán, ademais, pasar un tempo cos peludos habitantes da Protectora.

Todas as actividades organizadas pola ludoteca municipal de Verin seguen unha liña non só de fomentar a participación e ofrecer alternativas de ocio e tempo libre, senón tamén de promocionar valores, actitudes e comportamentos que favorezan o desenvolvemento integral dos rapaces.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>