Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello asina a renovación do convenio con COGAMI para promover a inserción laboral de persoas discapacitadas
O Concello asina a renovación do convenio con COGAMI para promover a inserción laboral de persoas discapacitadas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Xullo 2022 13:12

O presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Antón Queiruga Vila, reuniuse hoxe co alcalde de Verín para renovar un acordo cara á inclusión no mercado laboral das persoas discapacitadas.

O acordo ten como obxectivo a cesión de instalacións municipais a COGAMI de xeito gratuíto. Estas son utilizadas para a creación dun punto de información, asesoramento e espazo informativo desde o que desenvolver a súa actividade. Preténdese así mellorar as oportunidades das persoas discapacitadas no municipio, potenciando a colaboración con empresas da contorna.


COGAMI traballa vinculada ao seu Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) para persoas discapacitadas, axudándoas a penetrar no mercado laboral. A entidade, sen ánimo de lucro, leva anos fomentando e reivindicando os dereitos deste colectivo, e colabora co Servizo Público de Emprego de Galicia. Ademais, organiza cursos de formación adaptados a necesidades especiais.

Gerardo Seoane, alcalde, sinala estar “sempre moi aberto a que este tipo de iniciativas se leven a cabo na vila” e ponse “á enteira disposición da Confederación”. O consistorio ten competencias, ademáis de na creación e mantemento de servizos sociais, na coordinación con iniciativas sociais externas, fomentando a solidaridade e a participación social. Seoane indica, ademais, que “Verín conta coa infraestrutura e dependencias axeitadas ás necesidades de COGAMI.”

O rexedor explicou que a devandita colaboración "supón unha mellora da atención e servizos prestados por COGAMI no municipio, xerando, ademais lazos entre os futuros proxectos que se poidan lanzar desde ambas entidades, favorecendo a coordinación das mesmas". Durante este primeiro semestre de 2022, conseguíronse 18 insercións laborais, contando cun posto de traballo 90 persoas con discapacidade na comarca.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>