Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os cativos da ludoteca celebran o día dos avós e o día de Galicia
Os cativos da ludoteca celebran o día dos avós e o día de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Xullo 2022 13:13

O 26 de xullo Verín está de celebración, dedica unha xornada aos máis maiores e festexa tamén o día de Galicia. Os rapaces e rapazas da ludoteca celebraron o día dos avós e avoas con actividades centradas na temática da terceira idade. Elaboraron traballos manuais e artesanía para regalarlla aos seus maiores, e escribiron mensaxes para eles, que de seguro os emocionarán.


O concello invitou aos pais e nais a deixar que os avós e avoas participasen desta xornada levando aos cativos ás actividades e recolléndoos. O día rematou cunha fermosa foto familiar onde aparecen os máis pequenos cos máis maiores.

Mentres tanto, os rapaces que participan no campamento urbano do Concello de Verín celebraron o día de Galicia con xogos especiais. Realizaron unha xincana chea de probas relacionadas coa cultura galega, que ten como obxectivo combinar deporte e cultura. Tamén decoraron cunchas de vieira con motivos galegos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>