Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca e o Campamento urbano do Concello de Verín visitarán o parque acuático Naturewaterpark de Vila Real
A Ludoteca e o Campamento urbano do Concello de Verín visitarán o parque acuático Naturewaterpark de Vila Real PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Xullo 2022 11:34

 O vindeiro martes día 19 de xullo, un total de 46 nenos e nenas do Campamento Urbano e da Ludoteca do Concello de Verín, viaxarán a Vila Real -acompañados de catro monitores- para pasar una divertida xornada no parque acuático Naturwaterpark, o primeiro totalmente ecolóxico de Portugal.


Naturewarterpark é un parque de diversións e emocións moi fortes. Un complexo con moitas e atractivas actividades, cunha gran variedade de piscinas con tobogáns, piscina con jacuzzi e chorros, campo de fútbol-praia,  granxa doméstica, paintball e un parque de aventuras con arborismos, escalada, tirolina, camas elásticas, tiro con arco, minigolf, etc. En definitiva, un plan moi atractivo para completar as actividades de verán ofertadas por este servizo de conciliación familiar.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán e do Campamento Urbano, destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, ludoteca; e os 11 a 14 campamento urbano. Ambas actividades son organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil, área de Mocidade do Concello de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>