Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mauthausen, regreso ao campo da morte, un documental realizado polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente en 1989, exhibirase no FIC Vía XIV de Verín
Mauthausen, regreso ao campo da morte, un documental realizado polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente en 1989, exhibirase no FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Xullo 2022 16:12

 Un documental de aproximadamente 25 minutos de duración dirixido e guionizado hai máis de tres décadas polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente poderá verse, no marco das actividades paralelas, na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín. Trátase de Mauthausen, regreso ao campo da morte, que conta a historia de dous galegos que conseguiron saír con vida do horror daquel campo de concentración: Enrique Doval, natural de Lugo, e Xaquín Balboa, procedente de Estevesiños.


Ambos os dous viaxaron con Torrente e coa súa equipa técnica, conformada polo reporteiro gráfico Álex Adonis e polo produtor Xabier Tropat, ata Mathausen en 1989 para ofrecer as súas testemuñas en primeira persoa do que alí viviron. Foron dous dos aproximadamente 8.000 españois que estiveron neste campo de concentración (cifra que varía segundo o autor e a fonte consultada) e dous dos preto de 1.600 que oficialmente lograron sobrevivir.

Xaquín Balboa, tal e como detalla Manolo Torrente, fíxoo grazas a súa condición de barbeiro en Mathausen, o que lle permitiu levar mellor o día a día no campo de concentración como el mesmo detallou.

Unha peza moi ben feita tecnicamente

Tras a súa estrea na Televisión de Galicia hai 33 anos, este documental foi presentado en diferentes entidades educativas e institucionais e en setembro todos os interesados e interesadas poderán velo en Verín. Para Manolo Torrente, “que se exhiba este traballo no FIC Vía XIV, tantos anos despois, é un recoñecemento a unha peza que coido que está moi ben feita tecnicamente e que sempre supuxo un orgullo para min tanto no eido persoal coma profesional”.

Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, xustifica a súa proxección en que é a temática que aborda segue a suscitar interese e, sobre todo, debe ser amosada as xeracións máis novas porque “compre non esquecer os horrores dunha das épocas máis sombrías da Historia da humanidade”. Amais disto, “un veciño da comarca estivo directamente involucrado no documental” e “por iso, nos decidimos a que se proxecte no marco das actividades paralelas do noso Festival”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>