Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial
O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Xuño 2022 11:29

 Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, respecto, diversidade e a liberdade.


Esta é unha xornada na que se pon de manifesto a importancia de seguir construíndo sociedades máis tolerantes que convivan en diversidade e promovan o cumprimento dos dereitos vulnerados das persoas LGTBI.

Desde as Institucións debemos asegurar a igualdade efectiva de todas as persoas LGTBI e as súas familias, como elemento esencial dunha boa convivencia para o progreso e o desenvolvemento social.

É a nosa obrigación frear os discursos do odio que desde hai algún tempo veñen escoitado, facendo de muro para concienciar á sociedade para que todas as persoas sen importar a súa identidade ou orientación sexual poidan exercer, sen medo e con respecto, todas as facultades e dereitos que lles corresponden como cidadáns e cidadás de pleno dereito.

Por esta razón, o Concello de Verín, como mostra da súa unión ao proxecto da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias)  súmase, coa colocación da bandeira LGTBI, ás voces que chaman por un futuro en igualdade de todas as persoas, ao marxe da súa identidade sexual e/ou xénero e da súa orientación sexual.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>