Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Vilamaior celebra a romaría O Val do Viño o vindeiro 3 de xullo
Vilamaior celebra a romaría O Val do Viño o vindeiro 3 de xullo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xuño 2022 16:52

 O próximo 3 de xullo, a comunidade de montes de Vilamaior organiza a romaría O Val do Viño, na que se celebrarán unha serie de actos de exaltación do Santuario dos Remedios, da súa contorna e da súa relación co mundo do viño. Estes actividades contan coa colaboración da Denominación de Orixe Monterrei e do Concello de Verín.


Segundo destacaron os organizadores, a finalidade desta evento é «dar a coñecer, o viño de onte de hoxe e de mañá, dende este espectacular icónico Santuario que é reseña non só de Verín si non de toda a comarca. Cada anaquiño deste lugar nos fala de cultura, da veciñanza, da Romaría..do festexo de fin de verán que tantos anos unión a xente a redor do Santuario

Os principais obxectivos desta iniciativa son promocionar o viño, o campo e o Santuario, divulgar a tradición e cultura vitivinícola, a D.O Monterrei; por en valor as tradicións, romarías e folclore vencellado ao viño; buscar un impacto socio cultural no turista; recuperar as da tradicións que as novas xeracións case descoñecen e coñecer a relación entre ordes relixiosas e a vitivinicultura na comarca; visivilizar o legado histórico e artístico do Santuario dos Remedios; descubrir figuras relevantes vencelladas a comarca de Verín como por exemplo García Barbón, así como valorizar a muller e o seu papel dentro da vitivinicultura.

Os actos mais significativos desta celebración serán: un paseo pola contorna dos viñedos, feira de artesanía, representación teatralizada da relación do viñedo de onte e hoxe co Santuario e unha Comida degustación para 300 persoas de carne e viño, que contará cun exquisito menú non que a tenreira ó espeto será ou prato principal.

A comida e degustación correrá a cargo do cociñeiro vasco Karlos Ibarrondo que prepará a carne en directo ante os comensais utilizando a técnica do "burduntzi". Esta forma de asar, que consiste no asado sobre brasas de carbón vexetal a fogo lento e constante, é orixinaria de Elorrio, en Biscaia. A entrada, que terá un custo de 25 euros, están dispoñibles no Bar Lito (Castrelo do Val), Gandainas, Tenda O Taller, Asubío, Pato Xoieros e Ganerali Seguros.

Horarios

8:30 h. ROTEIRO FOTOGRÁFICO “O CARON DO VAL DO VIÑO”

Xornada amenizada por: FUEGO STREET BAND

10:00 h. VISITA A FEIRA DE PRODUCTOS LOCAIS

OBRADOIRO DE ALFARERÍA (Mestre Carrera)

11:00 h. ACTOS INTERIOR DO SANTUARIO (O VAL, O VIÑO E A ROMARIA)

Presenta actor Toni Salgado

11:05 h. INICIO XORNADAS

11.25 h. O TREBEDE DO VIÑO (Mestre Miro e Miguel Ángel)

12:00 h. COMENTARIO HISTÓRICO ARTÍSTICO DO SANTUARIO

(recupernado o noso patrimonio)

12:45 h. DRAMATIZACIÓN HISTÓRICA (XEITURA)

13:45 h. ENTREGA DE PREMIOS VAL DO VIÑO

14:00 h. ACTO DE CLAUSURA

14.15 h. COMIDA DEGUSTACIÓN TERNERA GALEGA O ESPETO

METODO "burduntzi" (ASADO ENTEIRO) POLO CHEF KARLOS IBARRONDO

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>