Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis dun milleiro de persoas asistiron ás IV Xornadas de Novela Negra organizadas pola Biblioteca de Verín
Máis dun milleiro de persoas asistiron ás IV Xornadas de Novela Negra organizadas pola Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 Xuño 2022 12:46

 Un total de 1190 persoas (100 na actividade enfocada aos centros educativos, 330 nas conferencias do venres e 760 nas do sábado) participaron nas actividades programadas na IV edición Xornadas de Novela Negra de Verín. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “rotundo éxito”, ademais de ser  un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega.


Gerardo Seoane, alcalde de Verín, salientou os «excelentes resultados de asistencia» obtidos en todas e cada unha das actividades programadas non marco destas xornadas que «sen dúbida algunha, xa son un dos máximos referentes da completa axenda cultural verinesa».

Tras agradecer o gran traballo realizado pola Biblioteca Municipal de Verín organizando estas xornadas, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, quixo lembrar que para o grupo de goberno municipal a cultura foi -desde un primeiro momento- unha actividade fundamental para o desenvolvemento económico da vila. «É por iso que estamos traballando a reo na reactivación de todos e cada un dos nosos grandes eventos suspendidos pola pandemia e que, sen dúbida, devolverán á nosa cidadanía a programación cultural de primeiro nivel que tiñamos antes da emerxencia sanitaria».

Pola súa banda, desde a dirección da  Biblioteca Municipal, entidade responsable organización,  fan un balance «máis que positivo, xa que as cifras finais demostran un rotundo éxito de participación». Por outra banda quixeron agradecer o esforzo e apoio mostrado por todos os seus colaboradores e patrocinadores, así como o de todas os autores e expertos que participaron nesta edición das xornadas.

IV Xornadas de Novela Negra

Baixo o título “Personaxes de novela”, o principal  obxectivo  deste  encontro organizado pola Biblioteca Municipal de Verín foi realizar un  achegamento  ao público aspectos  moito menos  coñecidos da novela negras no que se combina o mundo de ficción e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario.

Nesta IV edición dás  xornadas -que  estiveron coordinadas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e presentadas polos voluntarios da Biblioteca, Lorena Carnero e Daniel Carnero - contaron  coa  presenza de seis relatores de  primeira fila dentro deste xénero (Enrique León Calviño, Víctor Souto, Iria del Río Tajes, Arantza Portabales, Alejandro Corral e Xoaquín Fernández Leiceaga) que  compartiron  cos asistentes a  súa  paixón,  inquedanzas, segredos e  coñecementos,  convertendo a vila de Verín  non epicentro cultural da novela negra.

Tamén participaron nas mesmas as voluntarias da Biblioteca, Noelia Gallego (moderando a conferencia de Alejandro Corral), Inés García (moderando as conferencia de Arantza Portabales e Fernando Serrulla) e Iria del Río, acompañada do antropólogo, Miguel Losada (moderando a conferencia de Xaquín F. Leiceaga).

Rafael Cid, director do Centro Territorial de RTVE en Galicia, foi o responsable de dirixir unha mesa redonda na que participaron Enrique León Calviño, Víctor Souto, Iria del Río Tajes, Arantza Portabales, Alejandro Corral e Xoaquín Fernández Leiceaga.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>