Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a X Andaina de Monte “Pozo do Demo”
Verín acolle a X Andaina de Monte “Pozo do Demo” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Marzo 2022 12:23

 O domingo 10 de abril, Verín acollerá a X edición da andaina de Monte 'Pozo do Demo”, organizada polo Concello de Verín  e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O percorrido desta andaina é de 16 quilómetros, dificultade media, e a saída (ás 10.00 horas) terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada.


A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará ubicado o avituallamento. Despois seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán formalizarse, ata o 7 de abril, presencialmente en nas tenda Multisport Verín e Deportes Redonet (Rúa Ervedelo, Ourense), vía telefónica (600 410 018 e 988414423), así como no correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Os datos que se deben facilitar son os seguintes: nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, enderezo completo e código postal, teléfono de contacto.

Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto para evitar esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola organización.

As recollidas de dorsais poderase realizarse o venres 8 e o sábado 9 de abril, durante mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (16:00 a 20:30 horas) no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 10 de abril, desde as 8:30 horas da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

 Homenaxe a José Avelino de Carvalho

Nesta edición, o equipo organizador do evento rende homenaxe a José Avelino de Carvalho. Segundo destacaron desde a Asociación de  Sendeirismo Roteiro das Augas, «este ano queremos renderlle  este afectuoso homenaxe a un compañeiro e amigo co cal compartimos multitude de momentos e gozamos da natureza camiñando tanto en Galicia como en Portugal. Grazas pola túa amizade José Avelino de Carvalho».

O evento está patrocinado por Augas de Cabreiroá, HortoVerín S.L, Gadis e a Denominación de Orixe Monterrei; e colaboran co mesmo Saudeter, Multisport Verín, Cope Verín e as Agrupacións de Voluntarios

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>