Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre un censo de veciños dispostos a acoller refuxiados de Ucraína
O Concello de Verín abre un censo de veciños dispostos a acoller refuxiados de Ucraína PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Marzo 2022 13:27

 O Concello de Verín vén de crear un censo de persoas ou familias interesadas en acoller refuxiados procedentes de Ucraína. Esta iniciativa  municipal ten como obxectivo coñecer os recursos habitacionais dos que dispón a vila para poder coordinar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a maneira máis efectiva de ofrecer a axuda necesaria ante a crise humanitaria provocada pola guerra en Ucraína.


Desta  maneira  as persoas que  teñan intención de acoller refuxiados ucraínos deberán cubrir un formulario que xa está dispoñible no rexistro da Casa do Concello e na páxina web. (descarga aquí o formulario)

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura,  quixo agradecer, en nome de todo o grupo de goberno, as «incesantes  mostras de solidariedade» que esta a mostrar a veciñanza de Verín co pobo ucraíno e explicou que «mentres se manteña a situación de emerxencia, pedímoslle aos nosos veciños e veciñas que se informen sobre como apoiar efectivamente á poboación ucraína». O feito de descoñecer cales son as vías máis axeitadas para ser solidarios, nesta situación de emerxencia, salientou Lourenzo, «en moitas ocasións, resta eficacia ás intencións solidarias, cando o imprescindible é a colaboración efectiva.»

Neste senso, e para tratar sobre as formas máis efectivas de solidariedade co pobo ucraíno, a Dirección Xeral de Relación Exteriores da Xunta de Galicia reuniuse con representantes da FEGAMP (organización da que formamos parte), do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (do que o Concello de Verín é socio activo), coa Coordinadora Galega de ONGD e con entidades especializadas. Tras analizar a  situación, desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade trasládanos as seguintes recomendacións para canalizar o apoio ao pobo ucraíno:

Paralizar as doazóns de bens en especie. Estase a producir unha saturación, con graves dificultades de almacenaxe, loxística e transporte. Ademais, descoñécese cales son os materiais que se necesitan en cada momento. A recollida de alimentos e produtos de primera necesidade, suxírese suspendela e gardar todo o material para ser empregado unha vez cheguen as persoas refuxiadas a Galicia. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, responsable de canalizar a axuda humanitaria desde Galicia en coordinación coas autoridades estatais, está realizando un inventario dos almacéns que xa existen para estudar se é preciso enviar parte dos produtos máis adiante, reservalos para as persoas refuxiadas que cheguen a Galicia ou darlle saída a través doutro tipo de entidades.

Priorizar as achegas económicas. O más eficiente e eficaz é facer una achega económica ás ONG ou organismos internacionais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan no momento que o precisan. Hai garantías de que no mercado local poden conseguir todo o necesario, evitando gastos innecesarios de transporte coa consecuente pegada medioambiental. Estas doazóns pódense realizar, entre outras, a través de entidades como:

Descártanse as iniciativas individuais para recibir a menores non acompañados. Lembrámoslle ás familias que queren acoller a menores que existe un sistema de acollida institucionalizado e que, na medida do posible, as nenas e nenos como mellor están e reagrupados coas súas familias.

Non facer envíos de materiais por conta propia. É unha irresponsabilidade trasladar o envío de materiais desde a nosa localidade ata a fronteira da zona en conflito. Sempre que se faga un envío de materiais de axuda humanitaria debe ser baixo o amparo dunha ONG especializada. O persoal dunha ONGD que traballa en contexto de conflito armado ten unha formación específica para operar fronte emerxencias humanitarias, son profesionais con cualificación. A nosa boa vontade pode, incluso, entorpecer o seu traballo.

En ningún caso ir en busca de persoas. E moito menos se se trata de menores. Esta tarefa debe quedar en mans das autoridades competentes- Non podemos sortear todos os procedementos legais e burocráticos precisos para materialización da acollida, porque podemos estar poñendo en risco ás persoas refuxiadas. Son persoas en situación de vulnerabilidade, as entidades e autoridades responsables encargaranse de velar polos seus dereitos.

Sexamos responsables. Sabemos que hai moita vontade de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas competentes e das ONG expertas, para que a colaboración sexa efectiva. A poboación refuxiada precisa do noso apoio e non sabemos até cando o seguirá precisando. Tratemos de que a nosa axuda sexa eficaz.

Acollida a Ucrania

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>