Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Venda de entradas para as V Xornadas de Novela Histórica
Venda de entradas para as V Xornadas de Novela Histórica PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Marzo 2022 17:33

Dende a Biblioteca do Concello de Verín informan que a partir de hoxe xoves 3 de marzo estarán dispoñibles as entradas para as V Xornadas de Novela Histórica “Novas Miradas na Novela Histórica”, que se celebrarán os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín. As entradas para cada día teñen un prezo simbólico de 2 Euros e que evite a retirada das mesmas sen completa seguridade de acudir as xornadas e así evitar que veciños e veciñas que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado. Así mesmo todo o recadado será destinado ao fondo bibliográfico da Biblioteca e o conxunto de actividades para o fomento á lectura.


As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 25 e 26 no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o xustificante da transferencia e o nome e apelidos, para que o persoal da biblioteca teñan apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no auditorio de Verín os días das xornadas de NH.

Os autores e autoras que participarán este ano son Lorenzo Silva (Premio Planeta 2015), María Zabay, Víctor F. Freixanes (Presidente RAG), José Calvo Poyato, Alberte Blanco Casal e José Luis Corral. Todas as xornadas estarán amenizadas polo chelo do profesor do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada.

Toda a información sobre as V Xornadas de Novela Histórica pódese atopar na web creada exprofeso: www.novhis.bibliotecadeverin.es

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>