Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas CERTAME DE RELATO CURTO ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ
CERTAME DE RELATO CURTO ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Xaneiro 2022 10:42

Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.




BASES:

1.ª Poderán participar persoas matriculadas en Primaria ( ou ),  ede ESO, de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.


2.ª relato será orixinal, inédito, con tema e estilo libre, escrito en galego; presentarase cun título e un pseudónimo; a extensión non superará os 2800 caracteres (un DIN A4, escrito por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, marxes estándar [2 cm] e un entreliñado de espazo e medio).


3.ª A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 relatos, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.


4.ª Cada un dos relatos preseleccionados en cada centro enviaranse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , antes das 12 h do 6 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co PSEUDÓNIMO (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO).


5.ª Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.

6.ª Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.


7.ª En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros ( premio), 60 euros ( premio) e 30 euros ( premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.


8.ª Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos relatos premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración.


Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren tres exemplares publicados.


9.ª Para incentivar a lectura e escritura en galego, a cada centro que presente tres traballos preseleccionados que cumpran con estas Bases entregaráselle un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros en cada un dos niveis nos que participe na fase final.

10.ª organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros participantes.


Verín, 30 de xaneiro (Día de Castelao) de 2022

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>