Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Cruceiros e Petos” de Bruno Rúa
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a presentación do libro “Cruceiros e Petos” de Bruno Rúa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Xaneiro 2022 12:17

 O vindeiro xoves 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Cruceiros e Petos” do etnógrafo Bruno Rúa Martínez.

Esta obra e o cuarto libro da Colección Taboada Chivite de Patrimonio e está adicado a un dos elementos máis significativos da cultura popular galega: os cruceiros e os petos de ánimas, monumentos que tanto recollen elementos de tradición oral como estéticas de cultura académica, como poden ser os cruceiros de San Cibrao ou Medeiros, ou o excelente peto de A Xironda.

Como todos os libros da colección, intenta amosar unha foto fixa do estado actual todos eses monumentos, non deixando de lado, nunca, a tradición oral en forma de lendas, ademais de facer fincapé na importancia esencial das encrucilladas dentro das costumes e crenzas populares, incluíndo a Santa Compaña ou a filiación destes monumentos singulares dentro da evolución das moi galaicas aras aos Lares Viales, os deuses protectores dos camiños e os camiñantes.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>