Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acordo unánime no ditame da comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social
Acordo unánime no ditame da comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Xuño 2021 14:42

 A Casa do concello de Verín acolleu esta mañá a última reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia. Na mesma acordouse por unanimidade convocar novamente a praza do  SAAD e a elaboración, por parte do órgano competente, dunhas novas bases específicas.

A Comisión, formada por representantes dos sindicatos e do  Concello de Verín, toma dita decisión tendo presente que o pasado 15 de xuño tivo entrada no rexistro xeral do  Concello de Verín un escrito de formulación de renuncia a continuar no devandito proceso por parte da única aspirante que continuaba no mesmo, quedando deserta a adxudicación da praza convocada.

Os membros da comisión de control, na súa totalidade, tamén quixeron destacar que «a transparencia e obxectividade» estivo asegurada nos traballos realizados pola comisión «desde a primeira ata a última das súas sesións».

Por este motivo, a comisión acordou por unanimidade propoñer ao órgano municipal competente (Concellería de Recursos Humano e Réxime Interior) a realización dunha nova convocatoria da praza de traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia (SAAD) e elaborar unhas novas bases específicas para a devandita praza, que serán ratificadas pola parte sindical nunha nova comisión de control.

De acordo coa base undécima das bases Xerais reguladoras para a contratación do persoal laboral temporal no  Concello de Verín este ditame da comisión celebrada hoxe ten carácter preceptivo pero non vinculante, sendo a Resolución do órgano administrativo competente (decreto da concellería de Recursos Humano e Réxime Interior) a que outorgará validez final ao devandito acordo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>