Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os gañadores dos Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” expoñerán as súas obras ante o público nas RRSS do Concello de Verín
Os gañadores dos Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” expoñerán as súas obras ante o público nas RRSS do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Maio 2021 12:11

 Un ano máis, a situación sanitaria limita as posibilidades dos actos presenciais axendados para o Día das Letras Galegas. Coa finalidade de manter viva a celebración programada para a entrega de premios dos Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez”, a concellería de Educación Cultura e Festexos presenta “Lectura nas redes”, un novo formato onde a tradicional gala presencial substituirase, ata que poida volver a celebrarse, pola difusión de contidos dixitais nos que o protagonismo será para o propio alumnado gañador dos concursos literarios.

Realizaranse unha serie de pezas audiovisuais nas que os cativos e cativas gañadores das diferentes categorías dos certames lerán os seus relatos e poesías. Ditos vídeos serán publicados ao longo do Día das Letras Galegas nas redes sociais do Concello de Verín (Youtube, Facebook e Twitter), dende as que se fomentará a súa difusión e se facilitará o seu arquivo, e posterior accesibilidade, para a prosperidade.

«A idea desta actividade - explicou Emilia Somoza, concelleira de Educación Cultura e Festexos- é utilizar o potencial das redes sociais para chegar á poboación xeral, facendo fincapé nos axentes educativos, en especial nas familias, co fin de que se fomente o uso do galego na infancia. Mais tamén é importante que sexan os cativos e cativas as protagonistas do evento, de maneira que poidamos empoderalos e fomentemos así a súa curiosidade e respecto pola nosa lingua».


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>