Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Arrinca o plan especial de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega
Arrinca o plan especial de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Marzo 2021 14:51

 O  Concello de Verín vén de activar o seu plan especial de limpeza e desbroce das marxes do río Támega. Os operarios municipais xa se atopan traballado na primeira das súas fases, que abarca os tramos comprendidos entre a área recreativa de Tintores ata ponte da  N-525 ao seu paso por Verín; e desde a ponte de Pazos ata nova ponte en construción situado en Queizás.

Os traballos efectuados dentro deste plan buscan a mellora da vexetación de ribeira do Río Támega mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo en ambas as marxes.

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, «o obxectivo principal deste plan é favorecer o comportamento hídrico do Río Támega ao seu paso polo noso municipio e poder así manter o seu caudal ecolóxico; sempre, por suposto,  respectando en perfecto estado a biodiversidade, tanto do propio río como da zona as súas ribeiras». Seoane tamén quixo recordar que o Concello de Verín conta cos permisos correspondentes dos organismos competentes (Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica do Douro) para realizar esta actuación.

Esta acción, na que se investirán 120.000 euros, está dividida en dúas fases. A primeira, na que se está traballando actualmente, abarca os tramos comprendidos entre o  area recreativa de  Tintores ata ponte da  N-525 ao seu paso por Verín; e desde a Ponte de Pazos ata nova ponte en execución situado a paraxe do Pracer, en Queizás. A segunda, que será executada en setembro, limpará as ribeiras do Támega ata a fronteira con Portugal.

PROXECTO INTEGRAL DE REESTRUTURACIÓN E  SANEAMENTO  DE VERÍN

Este actuación forma parte do Plan Integral de Reestruturación e  Saneamento de Verín deseñado polo  Concello e que está destinado a completar o correcto funcionamento do ciclo da auga do río Támega ao seu paso por vila. O mesmo suporá un investimento total que roldará os 400.000 euros.

Este proxecto divídese en tres grandes actuacións. A primeira, que xa se atopa en marcha, comprende accións de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega;  a segunda, estará enfocada a mellorar saneamento hídrico ao seu paso pola zona urbana; e a  terceira terá como obxectivo o saneamento nos pobos que conforman o municipio. 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>