Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín repartirá 2.000 “mascarillas entroideiras” entre os escolares de Verín
O Concello de Verín repartirá 2.000 “mascarillas entroideiras” entre os escolares de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Xaneiro 2021 14:44

 O Concello de Verín repartirá preto de 2.000 máscaras hixiénicas  temáticas do Entroido nos centros educativos de Verín. O deseño dos cubre bocas, que serán entregados o próximo 4 de febreiro -coincidindo co xoves de  compadres-, está baseado na principal figura do  Entroido de Verín, o Cigarrón.

«Aínda que sabemos que aos verineses e verinesas non lles fai falta, con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do  Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo. A distribución destas máscaras é a primeira dun conxunto de accións promocionais que ten preparadas o  Concello de Verín destinadas a manter vivo o  Entroido de Verín, sempre dunha maneira segura.

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de  albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable,  fabricado pola empresa  Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>