Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, conecta emprendedores de Galicia e Norte de Portugal
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, conecta emprendedores de Galicia e Norte de Portugal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Decembro 2020 10:35

A  Eurocidade  Chaves-Verín, organizou o día 19 unha xornada virtual de creatividade denominada  "Fronteira de Oportunidades" na que os participantes expuxeron conxuntamente novas solucións empresariais transfronteirizas en sectores como o turismo, o comercio e a hostalería.

A presentación da xornada estivo a cargo de D. Francisco  Melo, Vice-Presidente da Cámara Municipal de  Chaves e Pablo Rivera, Director Executivo da  Eurocidade. A actividade tamén contou coa colaboración especial de Rubén Riós, emprendedor creativo e social. Actor, director e produtor de contidos audiovisuais.

Nesta actividade estiveron presentes 40 participantes que desenvolveron ideas en pequenos equipos, compostos por participantes de Portugal e España, apostando pola creación de redes de contactos transfronteirizos colaborando no deseño de propostas comúns.

A  Eurocidade  Chaves-Verín, AECT, organizará en 2021 baixo o mesmo concepto  Fronteira de Oportunidades un conxunto de actividades en liña gratuítas destinadas a impulsar a actividade económica a través dunha aposta pola internacionalización local, co fin de mostrar as posibilidades de negocio entre dous lados da Raia Luso-española.

Estas actividades englobarán outras accións que teñen como obxectivo dar a coñecer os aspectos esenciais a todo aquel que pretenda seguir avanzando nos procesos de internacionalización entre España e Portugal, así como atopar outros emprendedores que pretendan establecer contactos transfronteirizos.

Estas actividades levan a cabo no marco do proxecto  EUROCIDADE_2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, con cofinanciamento do FEDER.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>