Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo de Verín pon en marcha unha investigación colectiva para construír un fío narrativo que preserve a esencia social da matanza tradicional
O Museo de Verín pon en marcha unha investigación colectiva para construír un fío narrativo que preserve a esencia social da matanza tradicional PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Decembro 2020 13:56

O Museo de Verín impulsa a actividade “A Matanza”, un proxecto de investigación etnográfica colectiva que procura recoller, a través da participación da veciñanza, toda a información posible para construír un fío narrativo que preserve a esencia social dun evento que conforma parte da identidade herdada da nosa comarca. Tras a recollida dos datos, elaboráranse diferentes accións divulgativas para dar a coñecer os contidos obtidos.

O Museo de Verín busca recuperar aqueles elementos sociais que marcaban as características deste ritual moi arraigado na vida rural e integrado nas tradicións de outras celebracións tan relevantes como o propio Entroido. A “Matanza do porco”, máis alá doutras posibles consideracións e da función de abastecemento de carne para o resto do ano, posuía un significado como acto social fundamental na cohesión da vida rural e como símbolo de prestixio para as familias. Tanto é así, que as tradicións entorno á súa celebración constitúen unha das formas máis representativas da cultura popular galega.

Nos últimos tempos, o envellecemento da poboación, o éxodo do rural e os cambios sociais están a diminuír o número de matanzas no noso país. Ante a súa acelerada desaparición, faise necesario preservar o seu significado social para a memoria colectiva futura. O Museo de Verín abre todas as súas canles á conversa coa veciñanza para que, dende hoxe e ata o vindeiro 10 de xaneiro, veciños e veciñas poidan facer chegar as súas testemuñas para construír, entre todos, a historia da comarca.

Procúranse aspectos máis sociais como os roles de xénero que marcaban as tarefas e a súa evolución cos tempos, o traballo cooperativo entre os veciños e o proceso de socialización entorno á celebración. Pero tamén se pretende recoller os diferentes xeitos de elaboración dos embutidos, as ferramentas e utensilios empregados, os diferentes xeitos de realizar as tarefas... Búscase coñecer os costumes de cada casa: anécdotas, imaxes, vídeos... Todo o relacionado coa matanza e a súa celebración cobra un gran valor para a súa interpretación.

Os interesados poderán enviar os seus contidos a través da  páxina de Facebook do Museo de Verín, do correo museodeverin@gmail,com ou no teléfono 617963905.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>