Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19.
A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Setembro 2020 19:09

Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín.


As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir de mañá as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.

Restricións:

- Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

- Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas

- Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quixo facer un chamamento cidadán á poboación para que respecten as novas restriccións así como as medidas de seguridade e distanciamento social, hixiene constante de mans e o uso de máscara, para conseguir frear o avance da crise sanitaria provocada pola COVID19.

Proximamente ampliaremos información coas medidas concretas que se coñecerán tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>