Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A firma Nicandra, con sede en Verín, doa a organización do FIC Vía XIV un total de 130 máscaras
A firma Nicandra, con sede en Verín, doa a organización do FIC Vía XIV un total de 130 máscaras PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Agosto 2020 12:21

Nicandra, unha firma de moda especializada no sector nupcial con sede en Verín, vén de doar á organización do FIC Vía XIV un total de 130 máscaras faciais para que poidan ser utilizadas polos asistentes ás diferentes actividades e proxeccións que albergue o certame. O director do Festival, Carlos Montero, agradeceu o xesto da que “hoxe por hoxe é un das empresas emblemáticas e máis dinámicas de Verín, cunha clara vocación solidaria amosada durante o confinamento”.

Efectivamente, as responsables de Nicandra comezaron a deseñar e fabricar máscaras durante as xornadas máis estritas do confinamento, e con finalidade solidaria. Con tecidos estampados, deseños propios ou motivos de diverso tipo, as máscaras de Nicandra están perfectamente homologadas para seren empregadas fronte á Covid-19, cun control e cunha calidade do produto esterilizada.

A firma verinesa, unha das entidades colaboradoras do FIC Vía XIV 2020, leva suministrado durante a pandemia miles de máscaras e equipos de protección a profesionais e empresas que estiveron ao pé do cañón, así como a numerosos particulares.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>