Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O actor Luis Zahera será homenaxeado na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín
O actor Luis Zahera será homenaxeado na vindeira edición do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Agosto 2020 13:00

 O prolífico actor galego Luis Zahera, con ampla experiencia en cinema, televisión e teatro e gañador dun Premio Goya ao Mellor Actor de Reparto en 2018 por El Reino, desprazarase ata Verín o vindeiro 11 de setembro para ser homenaxeado pola organización do FIC Vía XIV. Deste xeito, Zahera recolle a testemuña de Mabel Rivera, a actriz que foi recoñecida na anterior edición do certame.

No acto de homenaxe, que estará aberto ao público, o propio Zahera departirá cos asistentes sobre a súa traxectoria profesional e ao respecto de como ve o eido cinematográfico no contexto actual, marcado pola pandemia. Ademais, o FIC Vía XIV programará unha selección de curtas e traballos nos que ten participado o actor.

O papel da cultura en tempos de pandemia

Luis Zahera quixo significar a homenaxe que lle renderá o FIC Vía XIV sinalando que “as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual”. Un momento que o actor cualifica como “moi raro para o sector cultural”.

Porén, amosa a súa seguridade de que tanto o entretemento como a cultura teñen un papel fundamental nos tempos de pandemia que atravesamos para facer máis levadeiras situacións como as provocadas polo confinamento. “A cultura é mais necesaria ca nunca”, sentenciou.

Zahera amosouse, ademais, moi “orgulloso” de suceder a “unha grande do noso cinema como Mabel Rivera” como figura homenaxeada no FIC Vía XIV. “Grazas por este recoñecemento e vémonos en Verín”, indicou.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>