Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV
O Festival Internacional de Cine Play-Doc será o certame convidado na V edición do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Agosto 2020 13:29

 O Festival Internacional de Cine Play-Doc, que se celebrará na localidade pontevedresa de Tui entre o 23 e o 27 de de setembro, toma o relevo do RIR de Allariz na categoría de festival convidado polo FIC Vía XIV. “Cada ano, dende o Festival Internacional de Curtas de Verín queremos render tributo e por en valor o excelente traballo que realizan os nosos colegas en diferentes partes de Galicia”, sinala o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero.

“E este ano optamos por convidar a representantes do Festival Internacional de Cine Play-Doc, que contan cunha sólida e recoñecida traxectoria de máis de tres lustros organizando un festival de referencia, para que nos trasladen a súa experiencia”, engade.

Deste xeito, na xornada do 10 de setembro poderá visionarse no Auditorio de Verín unha selección de curtas proxectadas en edicións anteriores do Play-Doc. Un festival, que ao igual que o FIC Vía XIV de Verín, ten previsto celebrarse en setembro nunha edición especial que “garanta a seguridade do público, dos convidados e do propio equipo, facendóo compatible co pleno desfrute da súa programación e actividades paralelas”, segundo sinalan os seus responsables.

Sobre Play-Doc

Ao longo das súas 15 edicións anteriores, Play-Doc consolidouse como un referente logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigurosa e un público estremadamente heteroxéneo.

Como espazo cultural, o festival deu cabida tanto a novos creadores como a verdaderas lendas da sétima arte, tales como Albert Maysles, Bruce Weber ou Artavazd Pelesjan, así como a cineastas de culto, ás veces esquecidos ou censurados como Kidlat Tahimik, Charles Burnett ou Peter Emanuel Goldman, entre moitos outros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>