Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O complexo deportivo de “A Granxa” reabre este mércores as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel
O complexo deportivo de “A Granxa” reabre este mércores as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Xuño 2020 19:27

 A concellería de Deportes do Concello de Verín informa que o complexo deportivo de “A Granxa” reabre mañá as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel.

Para acceder ás pistas será necesario realizar a reserva antes das 12:00 m. do día anterior. A mesma formalizarase vía telefónica (988 411226) en horario de luns a venres de 09:00 a 12:00 horas.

O horario de apertura das instalacións será o seguinte:

• Mañá: 09:00 a 13:00 horas

• Tarde:  18:00 a 22:00 horas

As medidas establecidas de prevención e hixiene fronte á  COVID-19 son as seguintes:

- Os usuarios deberán acudir á instalación 10 minutos antes da hora reservada para realizar o protocolo de hixiene previo á entrada á instalación.

- Para acceder á instalación é obrigatorio que usen mascarilla, deberán limparse as mans cunha solución desinfectante e terán que traer dobre calzado (un de rúa e outro para adestrar).

- Os deportistas terán que acudir á instalación coa súa roupa deportiva porque os vestiarios e baños do pavillón permanecerán pechados.

- Está prohibida a entrada con síntomas de febre e malestar respiratorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>