Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Fondo Galego promove cinco proxectos contra o Covid-19 en Mozambique e Guinea-Bissau
O Fondo Galego promove cinco proxectos contra o Covid-19 en Mozambique e Guinea-Bissau PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Maio 2020 10:30

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a impulsar cinco proxectos para frear o impacto do coroavirus en Mozambique e Guinea-Bissau. Na semana en que se conmemora o Día de África, a asociación de concellos e deputacións vén de darlle luz verde ao investimento de 98.126 euros na loita contra a pandemia, dos que 27.000 corresponden a achegas extraordinarias de dous dos seus socios, os concellos de Cambre e Narón.



En Guinea-Bissau traballarase co Goberno Rexional de Cacheu para sensibilizar á veciñanza sobre o perigo que supón o Covid-19 e as medidas de precaución que deben tomar. Esta partida de emerxencia, que ascende a 15.000 euros, destinarase ademais á distribución de materiais de prevención e alimentos entre as familias desfavorecidas. Cacheu é a segunda rexión do país máis afectada polo virus e corre un alto risco de propagación debido aos altos índices de analfabetismo e pobreza. Entre as medidas decretadas para conter a pandemia áchase o confinamento, que dificulta a subsistencia dunha poboación xa carente de recursos.



Á Asociación de Municipios Mozambicanos destínanse 18.126 euros para adquirir diversos produtos recomendados pola OMSpara combater o coroavirus: túneles de desinfección e bombas de pulverización para os mercados e terminais de autobuses, aparellos de medición de temperatura, máscaras para as persoas vulnerables e para homes e mulleres dos mercados, etc. A intervención centrarase en nove vilas das rexións Sur e Norte onde están a aumentar os casos de persoas afectadas.


Ata 30.000 euros orzamentáronse para o proxecto coa Fundação Encontro, que ten por obxectivo reducir a vulnerabilidade de nenos e nenas menores de seis anos a través do acceso á educación e a saúde. A intervención desenvolverase en catro comunidades rurais do Sur de Mozambique, que contan con cadanseu centro infantil, e mais nunha Unidade Sanitaria que fora construída polo Fondo Galego e que agora se ampliará cunha nova sala de atención materno-infantil. En canto ás escolas, ademais da compoñente formativa nelas proporciónanse dúas comidas ao día, co fin de frear elevada taxa de desnutrición e mortalidade na rapazada.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>